Sara Vicente Salcidos, concelleira de Cultura e Sabela Rodríguez Jardón concelleira de Muller e Igualdade, visitaron o campamento de verán onde os máis pequenos celebraron o remate do curso.
Pondo fin ao campamento organizado polo Concello do Rosal, que tivo lugar os meses de xullo e agosto na escola unitaria de Marzán, preto de 30 nenos desfrutaron do remate do curso cunha festa, na que non faltou unha merenda a media mañá, a proxección dun vídeo no que se mostran os momentos compartidos durantes estes dous meses, divertíronse cunha piñata, e por último non faltaron uns agasallos para as monitoras como agradecemento polo traballo realizado.