Este venres tivo lugar un pleno extraordinario no Concello da Guarda, no que se deu conta do Decreto de Alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias para esta nova lexislatura.

Quedan nomeados do seguinte xeito:

  • Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal: Dona Montserrat Magallanes Álvarez.
  • Servizos á cidadanía e infraestruturas no medio rural: Don Miguel Ángel Español Otero.
  • Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música: Dona Elena Baz Rodríguez.
  • Educación, formación e promoción do emprego; participación cidadá e voluntariado: Dona Fátima Rodríguez Marcos.
  • Mobilidade e modelo urbano, e comercio: Don Anxo Lois Baz Vicente.
  • Tráfico e emerxencias, e medio ambiente: Don Xan Lois Lomba Alonso.
  • Turismo e Servizos Sociais: Dona Beatriz Lomba Rodríguez.
  • Igualdade: Dona María Begoña González Martínez.
  • Cultura e normalización lingüística: Don Xosé Manuel Méndez Díaz.

A Alcaldía mantén as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías.

As delegacións de competencias anteriores comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura de tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.