Laroca D

O pasado sábado celebrouse a cuarta xornada da liga galega de xadrez, con 4 vitorias e unha derrota para o club xadrez Laroca.

Na primeira división, o Laroca A impúxose no seu desprazamento a Rúa de Petín o Xadrez Valdeorras por 1,5 -2,5, tantos conseguidos grazas as vitorias de Artai e Sergio, e as táboas de Tino. Con este resultado os laroqueiros consolidanse na quinta posición da clasificación a dous puntos do líder e a cinco dos postos de descenso.

Na segunda división resultados dispares dos representantes na categoría. O Laroca B caia derrotado na sede de Mallón ante o Chiringo Contos Tui por 0,5-3,5, (o medio punto foi conseguido por Agustín). Con este resultado os miñoráns situanse na quinta posición. O outro representante, o Laroca Mallón-IES Auga da Laxe, impúxose no seu desprazamento a Mos o club xadrez Mos C por 1-3, tantos conseguidos por Mauro, Ricardo e Jorge. Con este resultado situase no cuarto posto da clasificación.

Na terceira división, vitorias para os dous representantes. O Laroca C, por 4-0 o xadrez Mos H, puntos logrados por Antonio, Dani, Araujo e Alberto. Con este resultado situase na segunda posición da clasificación. O outro representante o Laroca D empatou a dous no seu desprazamento a Vigo para enfrontarse o Lucena femenino, puntos conseguidos por Sebas e Hugo. Os laroqueiros ocupan a cuarta posición da clasificación.

A vindeira fin de sema suspendese a liga por mor da disputa dos campionatos galegos nas categoría sub 14 e sub 18, en Padrón, na que o xadrez Laroca desprazará 4 representantes na categoría de sub 18.

CRÓNICA: CLUB XADREZ LAROCA