Adriana Nogueira

Este xoves, terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, un faladoiro da científica e Doutora en bioloxía Adriana Nogueira Ganset sobre as pesqueiras en Groenlandia.

Será presentada polo biólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Ramón Garcia. O faladoiro será ás 19.30 horas, unha hora antes do horario tradicional nos faladoiros do IEM por cuestións de axenda da convidada.

Adriana Nogueira actualmente traballa no  Instituto de Recursos Naturales de Groenlandia, donde forma parte do Departamento de Pescado e Marisco. Está involucrada na avaliación de stock de halibut de Groenlandia occidental en alta mar (divisions NAFO 0 y 1). Adriana investiga en ecoloxía pesqueira.