CEDIDA

O pasado sábado celebrouse a segunda xornada da liga galega de xadrez con resultados dispares para o Laroca.

Na primeira división, o Laroca A perdía no seu desprazamento a Mondariz por 3-1 ante o xadrez Marcote, punto conseguido pola táboas de Sergio e Chema. Con este resultado situase na oitava posición con 3,5 puntos, a vindeira xornada enfrontaranse o universitario de Ourense A.

Na segunda división empate do Laroca B empatou o seu encontro ante o equipo de Marín Alaia estudio de Pilates, puntos conseguidos por Lino e Carlos Groba. Con este resultado sitúanse na quinta posición con 4,5 puntos. A próxima xornada enfrontaranse o equipo vigués da Once. Nesta mesma categoría o Laroca Ies Auga da Laxe gañou por 1,5 a 2,5 no seu desprazamento a Guarda ante o Albatros B, puntos conseguidos por as vitorias de Mauro e Ricardo e as táboas de Ana. Con este resultado situase na novena posición con 4 puntos, Na próxima xornada enfrontaranse en Cotros ante o villa de Bouzas.

Na terceira división, o Laroca D gañou no seu desprazamento a Vigo por 0-4 ante o villa de Bouzas B, puntos conseguidos por Laura, Osian, Hugo Robles e Sebastián. Con este resultado situase na terceira posición da clasificación. A próxima xornada enfrontaranse os vigueses do Lucena talentos. Nesta categoría o Laroca C descansou. Con un só encontro disputado situanse cuartos na clasificación. A próxima xornada desprázanse a Valadares para enfrontarse o CVC Valadares Monte dos Pozos.