Proxecto Ríos de Gondomar

Voluntarios de Proxecto Ríos de Gondomar, limparon esta ponte da Constitución varios treitos do río Zamans, á altura de Vincios, retirando 200 kg de lixo, sobre todo plásticos. 

Dende Proxecto Ríos de Gondomar reiteran o chamamento a poboación en xeral que dun xeito individual ou colectivo recollan lixo das contornas dos cursos fluviais. Todas estas intervencións, aínda que pequenas, suman e fan que a saúde dos diferentes ecosistemas e, en consecuencia, a de todos nós, se beneficie.

Resaltar a importancia da retirada dos plásticos dos leitos dos ríos e nomeadamente dos polistirenos e polipropilenos que teñen unha descomposición e un mimetismo moi acusado. En moitos casos os peixes confúndeno e o consumen.