Reunión de AGESCA co deputado do BNG para a situación actual dos GES Galicia
CEDIDA

A Asociación de Grupos de Emerxencias Supramunicipal de Galicia (AGESGA) ven de ter unha reunión hoxe co de putado Luis Bara do BNG, onde se lle transmitiu a situación actual dos GES a nivel de Galicia.

Dende o seu lado comprometeuse a levar todas as inquedanzas sobre os GES a próximos plenos e preguntar por tódolos problemas que se están a manifestar nos servizos dos GES. Seguirán en contacto coa asociación para ir recabando información e buscar melloras para os servizos, tales como salarios, categorías, horarios, epis, vehículos e que se reflexen as funcións especificas de emerxencias dos GES no novo convenio que se vaia a elaborar.

Dende a AGESGA seguirán mantendo reunións con demais grupos políticos e sindicatos para facer que se consolide como un grupo dedicado as emerxencias e a procura de melloras para tódolos GES de Galicia.