A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e co presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde.
O obxectivo da mesma e o de avanzar en proxectos de colaboración entre as tres entidades. Concretamente os dirixentes abordaron cuestións relacionadas coa Gala da Vela Galega que está previsto que acolla proximamente o concello de Baiona.