Roberto Álvarez Carrero

A presidenta do Comité Organizador, Hortensia Vicente Santiago, dá conta dos avais acadados polo candidato á presidencia do PP da Guarda, cuxo congreso se celebra este sábado.

Unha vez analizados os avais presentados en tempo e forma, o único candidato será Roberto José Álvarez Carrero, que presentou 252 avais, todos eles válidos.

Aportou, polo tanto, a cantidade mínima para concorrer ao congreso que estaba establecida en 100 avais. Preto de 600 afiliados están convidados a decidir o sábado sobre o futuro da agrupación local, nun congreso que se desenvolverá a partir das 18.30 horas no Hotel Novo Muíño.