Roberto José Álvarez Carrero

O Partido Popular de A Guarda ven de celebrar este sábado día 5 de maio, no Hotel Novo Muiño de Camposancos, o seu Congreso Local que contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, secretario xeral do partido na provincia, ademáis doutros dirixentes nacionais e provinciais do partido.

Co lema “Un novo impulso”, o Congreso Local do Partido Popular de A Guarda tivo un único candidato á presidencia: Roberto José Álvarez Carrero, resultando elixido por aclamación ante os numerosos militantes que acudiron o acto.

Na súa intervención, o novo presidente do PP guardés avogou por superar a decepción dos militantes e o contacto directo coa xente para lograr recuperar o gobernó na Guarda. Asemade, Carrero anunciou que vai a seguir reuníndose con toda a militancia do partido para “ilusionar a nosa xente cun proxecto novo e renovado para a o concello da Guarda que supere o estancamento e parálise que sofre o pobo da Guarda pola nefasta e incompetente xestión do goberno socialista actual”.

Finalmente, Jesús Vázquez Almuniña, conselleiro de Sanidade, e anterior alcalde de Baiona, pechou o acto poñendo como exemplo de ben facer dos gobernos populares a do seu pobo de Baiona, sabedor que o próximo goberno popular de A Guarda obterá éxito, tarefa para que ofreceu o seu apoio e experiencia e a da dirección provincial do partido.