Este venres 10 de maio terá lugar ás 20:00 horas no local do IEM a conferencia de Rosa M. Tristán: «Comunicación ambiental, entre as mensaxes que non chegan e as “fake news”».
Vivimos nun mundo saturado de información onde toman protagonismo as redes sociais facilmente accesibles dende os nosos teléfonos móbiles. Non é difícil perderse e tomar en consideración o que non é importante, nin tan sequera real, e caer nas redes das manipulacións.
O cambio climático, como ingrediente central da crise ambiental sistémica na que vivimos, pon en cuestión o modelo económico onde grandes empresas mundiais negocian de punta a punta do planeta cos alimentos que comemos, a roupa que vestimos ou a tecnoloxía que usamos polo que empregan grandes cantidades de diñeiro en lanzar mensaxes que confundan, incluso financiar investigacións que contradigan o que a ciencia en xeral está diagnosticando.
Ter algunhas pistas de como navegar polas redes sociais sen perderse, sen acabar caendo na «desinformación» para non caer na intoxicación con mensaxes interesados, é fundamental.
