ALFREDO

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou este mércores o modelo de xestión de Cristina Correa, baseado na cercanía aos veciños e nos proxectos útiles mantendo as contas saneadas. Deste xeito, definiu a Correa como “a alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa” durante os vindeiros catro anos, chamando a unir o voto en torno a súa candidatura, composta por un equipo de xente “preparada e moi motivada” a fin de obter unha maioría ampla e clara o 26 de maio.

Cristina é unha persoa nova pero que xa ten experiencia na responsabilidade de goberno, que aúna o talento coa capacidade de traballo e que presenta un proxecto integrador e con propostas para todos”, dixo Rueda durante a súa intervención nun mitin, no que tamén participou Ana Pastor, que serviu de presentación da lista que acompañará a Cristina Correa na súa candidatura á Alcaldía.

Tras destacar a valentía da candidata e do seu equipo “por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños”, o presidente provincial incidiu en que os populares “saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar” nas eleccións municipais. Nesta liña, apelou a traballar con intensidade e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia. “Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer”.

Pola súa banda, Cristina Correa indicou que si sae reelexida Oia continuará “na senda do avance en positivo”, con políticas orientadas a axudar aos veciños, a manter o bo clima social e sempre con vocación de servicio. Igualmente, tras agradecer a lealdade e o esforzo do seu equipo, a candidata desgranou algunas das propostas máis importantes do seu programa, entre as que citou o obxectivo de desbloquear o PXOM, o fomento da actividade económica e do emprego, as melloras fiscais, a recuperación do patrimonio, a aposta polo medioambiente e as políticas sociais ou a eficiencia enerxética.

Finalmente, Cristina Correa presentou ás 17 persoas que componen a súa lista de cara ás eleccións do 26 de maio.