Salceda de Caselas acolle a mostra
A mostra "Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país” en Salceda

Até o día 30 de setembro, o auditorio municipal de Salceda de Caselas acolle a  exposición  “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país”, cedida polo Concello de Tomiño.

Trátase da exposición itinerante sobre a figura do político e mestre Antón Alonso Ríos, que arrancou en Tomiño o mes de outubro de 2017, e que ten percorrido varios municipios, coma Silleda ou Gondomar.

A mostra inclúe unha recreación dunha aula co mobiliario e instrumental que se utilizaba nas escolas nos anos nos que Antón Alonso Ríos exerceu como mestre.

A actividade foi amosada por primeira vez no IES de Tomiño, que leva o nome de Antón Alonso Ríos dende hai un par de anos, en torno á figura deste mestre e político considerado fundamental na historia de Tomiño, e recolle pormenorizadamente a historia e percorrido deste persoeiro, facendo especial fincapé na súa aportación ao mundo da educación e no seu compromiso político co movemento agrarista.