Vitoriano da Ghoreña

Máis dun cento de persoas asistiron, na noitiña do pasado venres, á presentación do Álbum Fotográfico da Parroquia de Salcidos, Salcidos En Branco E Negro.

No acto participaron Javier Crespo, Concellerio de Patrimonio, Ricardo Rodríguez, cronista local, e Antonio Fontenla, un dos promotores desta publicación. Nas súas intervencións todos destacaron o importante fito que isto supoñía para a parroquia Salcidense, o tratarse dunha posta en común do patrimonio de todos, algo do que todos os veciños deberían sentirse orgullosos, e do que ben deberan tomar nota aqueles que esconden nos caixóns o rico patrimonio de todos.

O libro, con case 200 páxinas e máis de 400 fotografías, recolle, enmarcados en diferentes temas as fotos que os veciños foron cedendo nos últimos 4 anos e sobre as que levan traballando no grupo de facebook “Salcidos en Blanco y Negro”, polo que, como ven indicou Antonio Fontenla, este libro e froito do esforzo de moita xente que ilusionada presenta o seu traballo a todo o pobo. O rematar o acto proxectouse a película “O Pisco” do Grupo Sanroquiño que arrancou as risas dos presentes.

Desde ese mesmo día, aqueles que mercaron os vales do mesmo, puideron retiralo na presentación, e a partir do día seguinte nos locais que xa venderán os vales: Altamar, Recreo Artístico Guardés, Barbería do Curuto, na Tenda do Cruceiro Pinto e en Agro Jade, Pintán. A acollida da publicación foi moi boa incluso entre aqueles que non o mercaron por anticipado, polo que, ante o limitado número de exemplares para venda directa estase pensando nunha pequena ampliación de tirada, unha vez se esgote a presente, da que aínda están dispoñibles algún exemplares en venda directa, co fin de que ninguén se quede sen o libro.