A Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda, pon en marcha o proxecto “XE-MENTE – Las semillas de la diversidad”, un proxecto ambicioso, financiado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio para la Transición Ecológica) con fondos FSE, no marco do Programa Empleaverde 2018, que conta cun orzamento total de 217.479,98€.

O obxectivo do proxecto é xerar “emprego verde” inclusivo. Para conseguilo o centro vai implementar un itinerario de capacitación de perfís verdes composto por 10 Accións formativas, dirixido a grupos de participantes desempregados do Baixo Miño, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional, ata o momento non realizado en Galicia, onde a Inclusión é un dos principais retos.

XE-MENTE ofrece un total de 135 prazas formativas, asumindo San Xerome un compromiso de xeración de emprego verde de, alomenos, o 10% dos destinatarios netos do proxecto.

“Consideramos que este proxecto xerará un grande impacto, non só a nivel de xeración de novos perfís profesionais verdes e emprego, senon tamén a nivel de visibilidade, tanto da nosa Entidade como do noso territorio, o Baixo Miño”, apuntan dende San Xerome.