O vindeiro 29 de novembro, ás 11:00 horas, o Centro de San Xerome Imiliani inaugurará as súas novas instalacións. “Un novo espacio polivalente donde achegararnos cada vez máis ao noso soño: o desenvolvemento inclusivo do noso territorio”.

Para elo, San Xerome abre as súas portas a unha nova etapa, renovada e transformadora. “E como non podería ser doutra maneira, queremos iniciar esta nova fase en compañía de todas as persoas que contribúen a que as vidas de San Xerome sexan cada día mellores”.

As instalacións están a ser renovadas para que, pasiño a pasiño, o Centro San Xerome se converta nun Espazo aberto, dinámico, polivalente, que contribúa ao coñecemento e interacción de todas as persoas da comunidade.