Sandra González revalidou a alcaldía de Tomiño grazas aos 4.443 votos, casi 500 votos máis que na anterior cita electoral, que lle dan a nacionalista once concelleiros, unha máis que no 2015.
A alegría invadiu a sede este domingo a medida que se foi confirmando a contundente subida do apoio dos veciños de Tomiño á formación que encabeza Sandra González e que mellorou o seu respaldo na práctica totalidade das parroquias de Tomiño.
A alcaldesa en funcións manifestou esta mañá “estar moi contenta cos resultados xa que subimos na porcentaxe de votos. Un 60 % do electorado confiou en nós. Grazas a iso, subimos un concelleiro máis. Esta alegría transfórmase en responsabilidade e en ganas de traballar máis”.
Entrevista completa a Sandra González: