O socialista Enrique Cabaleiro conseguiu este domingo por primeira vez na historia a maioría absoluta para o PSOE no Concello de Tui ao obter o 45,74 % dos votos, o que lle dá á súa formación política nove concelleiros.
Cabaleiro recuperou así a alcaldía arrebatada na moción de censura presentada en outubro do 2017 por Converxencia 21, Partido Popular, Cidadáns Tudenses e Alternativa Popular.
Estes resultados electorais son para o alcalde electo de Tui “unha inmensa satisfacción. Isto é un triunfo dos veciños que se expresaron con contundencia nas urnas, que castigaron unha forma de facer política. Os veciños dixeron onte que se acabaron as mocións de censura”.
Entrevista completa a Enrique Cabaleiro: