ALFREDO // IES Primero de Marzo

O ANPA Balcaxia estamos satisfeitos despois de demostrarse que tiñamos razón na nosa alegación e queremos agradecer ás persoas, ANPAS e políticos que nos apoiaron e axudaron a buscar solución ao problema do transporte.

Unha vez máis, queda patente que as reivindicacións políticas coa organización e a unión d@s veciñ@s fai posible que se solucionen os problemas.

Así, hoxe no pleno do concello de Baiona aprobouse, por unanimidade, unha moción do PP de reducir nun 50% a asignación aos partidos políticos para a subvención do transporte ao instituto. Dende o ANPA estamos netamente agradecid@s de que a corporación municipal cumprira coas nosas demandas.

Agora ben, chama moito a atención que fose o PP quen propoña esta iniciativa despois de rexeitar as nosas alegacións argumentando que o transporte non é unha competencia municipal e despois dunha manobra de desprestixio hacia a nosa ANPA cunha presión social as ANPAS e direccións dos centros de ensino para que non lles tocasen os salarios. Agora sí parece que o transporte, como por arte de maxia, xa é competencia municipal. De igual modo a unanimidade é curiosa xa que, tan só o BNG apoiou que non se inadmitise a nosa alegación.

Prodúcenos xenreira e creemos que é un insulto ao noso traballo esta manobra do PP de Baiona. Tivo 7 meses para solucionar o problema, andivo xogando  e mareándonos, non fixo caso das nosas peticións e agora, cunha iniciativa practicamente copiada da nosa, pretenden ser os protagonistas das nosas reclamacións.

O importante era solucionar o problema. É, aparentemente, salvo sorpresa ou “letra pequena”, debería estar arranxado. Máis dende a ANPA Balcaxia consideramos e tememos que isto sexa un parche. Estudaremos o tema, informaremos oas veciñ@s e seguiremos traballando polo ben d@s nos@s fill@s.