ALFREDO // Un autobús de la empresa ATSA

Nunha nota de prensa enviada os medios, o BNG afirma que, “na aprobación dos orzamentos municipais o Bloque Nacionalista Galego de Baiona solicitou que se dotara unha partida para crear unha liña de axudas ao estudantado de Bacharelato e Ciclos Formativos do Instituto de Ensino Secundario Primeiro de Marzo. O Partido Popular desestimou a proposta, sin dar solución naquel momento á problemática orixinada ao non poder cubrir estas prazas dentro dos autobuses que realizaban o transporte escolar ao alumnado do ensino obrigatorio”.

No período de exposición pública dos orzamentos tres dos cinco colexios de Baiona presentaron alegacións para que se crease unha subvención de 12.000 € co que sufragar parte destes gastos. De novo, foi só o BNG quen se opuxo á súa inadmisión, argumentada polo Goberno Municipal en base a que o transporte público non é competencia do Concello“, indican.

Asimesmo puntan que, “non actuaron así cando dende a Xunta de Galiza propúxose que os concellos asumisen parte do custe do transporte metropolitano. A contradicción é todavía máis notoria si temos en conta que o BNG demandou no Parlamento de Galiza que a Xunta negocie con ATSA a instalación dunha parada de liña regular no entorno do IES Primeiro de Marzo. Con isto, os alumnos de Bacharelato e Ciclos Formativos poderían empregar a súa tarxeta de transporte metropolitano para poder viaxar gratuítamente todos os días. O argumento definitivo do Partido Popular foi que en ningún concello se está a subvencionar este transporte. Ese é o seu modelo de xestión fronte ao do BNG. Basean as actuacións no copia e pega doutros concellos, o BNG quere que Baiona sexa vanguardia, exemplo nos servizos sociais en favor da nosa veciñanza. E pouco importa si é ou non competencia municipal, ante unha necesidade veciñal, o Concello ten a obriga de buscar solucións“.

Paradóxicamente“, dicen, “tres semanas despois de esgrimir estes argumentos o Partido Popular presenta pola vía de urxencia unha moción que crea unha liña de axudas, como demandaban as ANPAS, reducindo un 50% as asignacións dos grupos municipais da Corporación. Unha vez máis o Goberno Municipal vai detrás dos movementos sociais e das demandas do BNG, unha vez máis ten que rectificar e aceptar as suxerencias que rexeitaron nun primeiro momento“.

“Agora, a obriga de todos os grupos políticos da Corporación é loitar porque na negociación do novo Plan de Transporte se poda acordar coa concesionaria ATSA a instauración dunha parada nas inmediacións do IES Primeiro de Marzo, co fin de que non sexa necesaria unha liña de axudas municipais e o uso da tarxeta de transporte metropolitano cubra as necesidades do alumnado“, finalizan os nacionalistas.