Segunda cita na Guarda de Música nas Prazas con
Bieito solo

Este venres día 24 de agosto de 2018, a Praza de San Amaro de Camposancos acolle a segunda cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Bieito Solo» ás 22:00h.

Despois da primeira sesión celebrada no mes de xuño na Praza de Salcidos a cargo do grupo Liquen, agora é a quenda de «Bieito Solo», que acompañado da súa guitarra demostrará aos asistentes o seu bo facer e amplo dominio deste instrumento con versións de coñecidas cancións así coma interpretacións propias, pasando por unha ampla gama de estilos musicais. O concerto comezará ás 22:00h da noite, entrada de balde.

A programación de Música nas Prazas 2018 finaliza no mes de setembro coa actuación de Pepe Vaamonde Trío o día 7 de setembro ás 22:00h na Praza do Reló.