O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda vai chegando ao seu fin coa penúltima cita cos Quinquiláns no casco histórico da Guarda, este xoves día 23 de agosto ás 21:00 hora, con saída dende a Praza do Reló.

As visitas teatralizadas congregaron xa a centos de persoas nas anteriores 5 citas levadas a cabo dende o pasado 5 de xullo, nunha actividade na que se mistura o contido histórico, a amenización musical e o bo facer dos Quinquilláns.