O Centro Social Polivalente do Rosal acollerá este venres 7 de xuño unha sesión informativa sobre autoemprego, a cal se desenvolverá baixo o título “Emprender, que pasos debemos seguir?”.

A actividade forma parte do proxecto “Rumbo ao Emprego” que, desde o pasado mes de abril, están a levar a cabo conxuntamente os concellos de Oia e O Rosal.

A xornada desenvolverase entre as 18.30 e as 21.00 horas e está aberta ao público xeral. Non é preciso inscribirse previamente.

“Rumbo ao Emprego”

“Rumbo ao Emprego” é un proxecto conxunto de fomento do emprego que inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo.

Organizado polos concellos de Oia e O Rosal, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.