Luis Villares visita Gondomar

Manifesto Miñor acordou hai máis de tres meses asinar un acordo de colaboración con En Marea para concurrer xuntos ás vindeiras eleicións municipais  do 26 de maio.

A sinatura deste acordo terá lugar nun acto público o vindeiro mércores, día 13 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Neural de Gondomar. No mesmo se darán a coñecer as liñas mestras do programa que Manifesto Miñor defenderá para toda a Comarca.

No acto intervirán por parte de En Marea: Luis Villares e Ana Seijas, e de Manifesto Miñor: Iris Malvido (miñorá candidata ás eleccións xerais por Pontevedra), e Antonio Araújo Quintas concelleiro en Gondomar.