O Grupo de Teatro do Arquitecto Palacios de Panxón escenifica a Lorca na ESAD

O Grupo de Teatro de Secundaria do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón, participou nos Encontros de Teatro de Vigo na ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) organizados por Caixaescena.

O Arquitecto palacios participou con outros 5 centros de Educación Secundaria: Colegio La Merced de Sarria, IES Porto do Son, Colegio Salesianos de A Coruña, IES Las Salinas de Avilés e IES Barrio Loranca de Fuenlabrada.

Durante estes Encontros  o grupo Egos Teatre de Catalunya e o equipo organizador de Caixaescena con Xabier Erra (escenógrafo) á fronte axudan a que os diferentes centros leven adiante unha proposta escénica de 15 minutos cun tema de fondo común: Federico García Lorca.

O CPI levou á escea tres pezas de Teatro Breve de Lorca, «El paseo de Buster Keaton»; «La doncella, el marinero y el estudiante» e «Quimera».