Comunicado dos socialistas de Oia sobre o cambio de escudo do concello:
Queremos clarexar en primeiro lugar, que ao titular non hai que buscarlle o dobre sentido, só queremos reflectir o sen sentido dunha actuación.
No día de hoxe, nos espertamos coa publicación por parte do que parece ser unha empresa privada, Heráldica Popular, dun comunicado en defensa do cambio de escudo en Oia e da decisión da Alcaldesa para facelo así.
Nos chama poderosamente a atención algúns parágrafos do mesmo que pasamos a describir a continuación:
- No comunicado poñen como exemplo un municipio e unha Pedanía, no primeiro San Martín del Terradillo en Cádiz, onde curiosamente se estableceron as bases dun concurso de ideas cun tribunal establecido e onde se presentaron distintas propostas e deseños, a segunda foi a Pedanía de Las Casas en Ciudad Real, onde igualmente se creou un concurso para a creación dun emblema identificativo, coa presentación aberta en ambos casos de propostas.
Queremos resaltar que en Oia se saltaron todas estas actuacións iniciándose o procedemento no ano 2018 cun oficio firmado pola alcaldía, sen o coñecemento plenario, dirixido á Comisión Heráldica coa petición de propostas. En 2019 a alcaldesa propón e tenta levar a cabo un referendo sobre o tema, referendo que foi abortado polos órganos de intervención do propio Concello.
Por último, no pleno celebrado o 28 de xaneiro do presente ano, a oposición lle transmitiu á alcaldesa que este non era o momento, coa situación que se está vivindo e que deixara o asunto sobre a mesa para tempos mellores.
2. Queremos recordar, que a mediados do século XIX, Oia como entidade con Concello propio non existía, o Mosteiro era o representante da xurisdición sobre estas terras. Cando desaparece este, o Concello de Oia adopta o seu papel no xurídico e, aínda que o escudo non sexa o propio da entidade civil, non vemos ningunha incompatibilidade do existente coa incorporación da coroa real.
3. Finalmente, fáisenos estraño enormemente a cualificación de irresponsabilidade á oposición por parte desa empresa, non queremos pensar que puideran existir intereses de tipo crematístico para facer semellante afirmación, e , por suposto, non o pensamos, pero cando menos non deixa de estrañarnos que unha empresa particular faga semellantes afirmacións.
4. Dende o PsdeG de Oia facemos un chamamento á «responsabilidade» da Alcaldía, para que paralice o acordo tomado e faga un consenso cos veciños e o resto das forzas políticas neste tema.