Centro Saúde Tomiño

O vindeiro domingo 9 de febreiro o Grupo Socialista de Tomiño pon a disposición dos veciños, un autobús de balde para acudir en Santiago á manifestación convocada polo colectivo SOS Sanidade Pública contra o deterioro da Atención Primaria, o desmantelamento dos Hospitais Públicos, as interminables listas de espera e a precariedade dos traballadores. As prazas están limitadas e reservaranse por estrita orde de chamada no teléfono 667 916 360.

«O noso compromiso está claro como demostramos sempre. Polo que pedimos ao Concello de Tomiño que cumpla tamén coa veciñanza e facilite autobuses a todas aquelas persoas que desexen participar na manifestación e, así, favorecer a mobilidade a quen poida ter máis dificultades. Non se defende a sanidade nas fotos senón ao lado dos veciños«, indican os socialistas tomiñeses.

«Un dos sinais de identidade do PsdeG- PSOE foi e será, sempre, a defensa da Sanidade Pública, Universal e Gratuita fronte ao retroceso e os recortes que sufre por parte do Goberno da Xunta de Galicia«, aseguran.

«Recentemente puidemos comprobar o intento de desmantelamento dun servizo público como é o paridoiro de Verín. Gracias a presión veciñal, que dende o primeiro momento apoiamos sen ningún tipo de dúbidas, foi posible paralizar unha medida que atenta directamente contra o noso sistema sanitario público«, afirman.

«Estivemos no 2015 na manifestación en Vigo contra a privatización encuberta do Cunqueiro e estivemos na do 2018 contra os recortes na Atención Primaria. Polo que, na Agrupación Socialista de Tomiño apoiamos a mobilización cidadá convocada para o domingo 9 de febreiro en Santiago de Compostela, en Defensa da Sanidade Pública, e participaremos nas actividades adicadas a defender a mellor sanidade pública para Galicia», manifestan.