Era a crónica dun escándalo anunciado, o BNG xa deixa patente a falta de compromiso de todos os grupos políticos á hora de defender os intereses de usuarios fronte a unha concesionaria que fica máis preocupada por viabilidar as súas instalacións privadas en Sabarís que en prestar o servizo público na Piscina Mancomunada“, indican dende a formación política.

É por elo que vén de solicitar ao Goberno da Mancomunidade que non só convoque con carácter de urxencia a Comisión de Seguimento correspondente, sinón que se convoque unha Xunta da Mancomunidade, publicitando e convidando a todas as persoas afectadas a que asistan.

Nesa Xunta da Mancomunidade deberá presentarse informe do supervisor contratado para comprobar a correcta execución das melloras esixidas, así como o mantemento axeitado das instalación, incluída unha relación de importes e facturas das reparacións e melloras executadas, informe que solicita tamén o BNG para o estudo por parte de toda a Xunta da Mancomunidade“, explican.

“Así mesmo“, expoñen, “deben aclararse e depurarse responsabilidades no tocante á contratación dunha persoa cun evidente conflicto de interese con Serviocio, o porqué de que os tres Alcaldes do Val Miñor acudan á Piscina Mancomunada e non só non comproben a correcta execución das obras sinón que nin siquera advirtan á empresa concesionaria que nas condicións en que estaba ésta non poderían reabrir nas datas acordadas”.

Tamén esixe o BNG que se abra un expediente sancionador por faltas moi graves á empresa concesionaria e que indemnice axeitadamente os usuarios, non só co abono dun 25% ou un 50% da cota mensual do mes de Setembro.