A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso sobre “Comunicación Éfectiva: técnicas para falar en público” dirixido á mocidade de 18 a 35 anos.

Este curso pretende dotar dunha serie de ferramentas ás persoas que queren mellorar a súa capacidade de comunicación, ou ben perder o medo a falar en público.

En moitas ocasións as persoas senten pánico á hora de falar en público ou vense cohibidas á hora de manifestar a súa opinión dentro dun grupo, ben sexa no ámbito escolar, laboral ou persoal.

Neste curso daranse unha serie de recomendacións e ferramentas que axudarán a persoa a comunicarse dun xeito efectivo controlando o estado de ansiedade ou estrés que poden producir estas situacións.

Esta formación impartirase os xoves 20 e 27 de setembro e o 4 e 11 de outubro, en horario de 16:30 a 20:30 horas no local social da Asociación.

Este Curso, xunto con outras iniciativas, englóbase dentro do programa ”E ti que prefires? Xuventude que emprende ou Xuventude que participa”, que a Asociación Érguete Baixo Miño leva a cabo este 2018 coa colaboración da Concellería de Política Social– Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben deixando os datos no email nfo@erguete.org.