Nun comunicado de prensa conxunto que todolos grupos da oposición do Concello de Tui envían os medios, solicitan a dimisión da concelleira de Educación pola situación pola que está atravesando a aula UNED.

Comunicado:

Os diferentes grupos que compoñen a actual oposición municipal no Concello de Tui – PSdG-PSOE, BNG, Acción Tudense e Son de Tui- desexan por en coñecemento da cidadanía a súa postura conxunta en relación ás numerosas queixas recollidas polos diferentes medios de comunicación sobre a situación da Aula da UNED de Tui

  1. O concello acordou en Pleno do 27 de Febreiro de 2007 por unanimidade solicitar á Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado da UNED en Pontevedra a creación dunha Aula na nosa localidade.
  2. O 13 de febreiro do 2010 firmouse o Convenio entre o Concello de Tui e a Xunta Rectora do Patronato da UNED, en virtude do cal acordouse crear unha aula dependente do Centro Asociado da UNED en Pontevedra.
  3. Dende a súa implantación a Aula Universitaria de Tui participa activamente nas actividades do Centro Asociado e ten unha gran aceptación, especialmente entre os veciños de todo o Baixo Miño, como acredita o feito de que se imparta o grado de Psicoloxía dende 2012 e que ata o ano 2017 os cursos de extensión universitaria tiveran 2460 alumnos.
  4. Nos dous últimos meses trascenderon á opinión pública as queixas de alumnos da Aula pola situación de abandono das instalacións e o conflito entre os xestores da Aula da UNED e o Concello de Tui ó non asumir o concello o custo de persoal necesario para a súa atención. Chegáronse incluso a anunciar por parte do alcalde Carlos Vázquez Padín , solucións ineficaces coma o desdobramento da sede física da Aula ó edificio da Área Panorámica (Aula CEMIT).
  5. O Punto Segundo do Convenio especifica que o Concello de Tui garante á UNED unha ubicación da Aula con carácter gratuito e locais acondicionados para a súa finalidade. O Punto Sétimo do Convenio establece que o concello farase cargo da totalidade dos gastos que orixine a apertura da Aula, así como os derivados do seu mantemento.
  6. Debido ás numerosas queixas expresadas polos alumnos do centro e persoal docente referentes á ausencia de persoal que abra as aulas, realice as conexións de videoconferencias e informe sobre os trámites de matrícula e cursos ofertados, chegando incluso a incumprirse os horarios de apertura e peche ata o extremo de non abrir en días puntuais, resentíronse o número de matriculados e cursos ofertados
  7. Ditas queixas , por certo, trataron de ser acaladas por responsables municipais con velados e intolerables intentos de intimidar ós seus autores, razón pola cal esiximos a DIMISIÓN / DESTITUCIÓN da concelleira responsable de Educación
  8. Os grupos integrantes da oposición entendemos que a Aula da UNED é un servicio educativo estratéxico para a nosa cidade e para todo o Baixo Miño, pois permite ó acceso á formación universitaria a aqueles veciños que non poden desprazarse a outros centros universitarios por motivos laborais ou de residencia e aparte dos numerosos beneficios sociais e culturais para os nosos veciños aporta un inestimable valor engadido á cidade ó lograr que moitos veciños de concellos limítrofes se acheguen para participar nos seus cursos, moitos dos cales se emiten en videoconferencia para alumnos do resto de España e do estranxeiro
  9. Por todo elo, esiximos ó alcalde ó máximo compromiso coa Aula da UNED de Tui , dotando á mesma do persoal necesario para garantir a súa apertura e un mantemento digno  das súas instalacións, e, se fora preciso, a suscripción dun novo Convenio coa Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado da UNED, que aclare as responsabilidades e obrigas de ambas partes e que permita converter a Aula nun referente educativo para a nosa cidade e todo o Baixo Miño.