Iniciativa por Gondomar presentou unha moción de urxencia ante o pleno da corporación municipal para a ampliación en dous meses do periodo de exposición pública do proxecto de mellora da PO-331 o seu paso por Vincios e que foi publicada do DOG o pasado catro de xaneiro.

Segundo Iniciativa por Gondomar “coa documentación analizada, exposta na Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, pódese observar que dito proxecto, de facerse tal como está redactado, suporá un verdadeiro quebranto aos veciños da parroquia de Vincios e usuarios da citada estrada, non estando nunca en contra de buscar unha solución que mellore a seguridade no treito acotado na estrada PO-331”. Entre outras cousas salientables, manifestar que no citado proxecto elimínanse 14 xiros a esquerda, pasos de peóns, así como a rede semafórica existente”.

A formación política tamen solicita ao Concello de Gondomar, e con axuda dos servizos técnicos, para que se traballe nunha alternativa viable que redunde no beneficio de veciños e usuarios da citada estrada.

Asimesmo, indican que por parte de alcaldía se entablen todo tipo de conversas, negociacións, etc., coa Axencia Galega de Infraestruturas, veciños, institucións parroquiais, etc., en procura de facer o devandito proxecto alternativo.