Instituto A Sangriña de A Guarda
ALFREDO// CEIP A Sangriña

No pleno de setembro de 2015 aprobouse por unanimidade unha proposta do BNG no Rosal na que se instaba ao Concello a solicitar un servizo de transporte público para o alumnado do Rosal que estuda no IES A Sangriña.

«Levamos insistindo nada menos que tres anos para que o Goberno local do PP entenda que o que hai que facer é solicitar formalmente da Xunta de Galicia o establecemento dunha liña de transporte público que coincida cos horarios de entrada e saída do Instituto da Guarda«, afirma Ánxela Fernández, portavoz do BNG do Rosal, quen matiza que o municipio precisa dunha mellora xeral do servizo de transporte público.

Ademáis do autobús do IES A Sangriña, as propostas do BNG para O Rosal son:

-Unha  liña directa co Hospital Álvaro Cunqueiro
-Recuperar a liña que comunicaba coa Universidade de Vigo.
-Un servizo de transporte público que comunique as parroquias e barrios co Calvario.

«A cuestión é se a alcaldesa do Rosal, Mari Carmen Alonso, está disposta a defender e loitar polos intereses da veciñanza do Rosal diante do Goberno do PP da Xunta de Galiza,» comenta Ánxela Fernández.