TEATRO DO AR
TEATRO DO AR

O auditorio Lois Tobío de Gondomar, acollerá este domingo, ás 18:00 horas, a obra de teatro Sucedáneo, da compañía teatral Teatro do Ar, co que se pecha así a IV mostra de teatro do Val Miñor e Oia.

Sinopse:

Carmen desapareceu sin deixar rastro. Era o día do seu 17 aniversario e coincidía toda a familia por fin. Saíu pola tarde y xa non volveu, ninguén a viu saír nin ninguén sabe onde está. Susana, súa nai, chamou á policía esa mesma noite, pero non a toman en serio… Así comeza Sucedáneo, a composición que Teatro do Ar presenta hoxe en Gondomar para pechar a cuarta mostra de teatro do Val Miñor e Oia que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos.

O desenlace da desaparición de Carmen conoceráse ás seis da tarde e con entrada gratuíta. Además, Teatro do Ar avisa de que todo o auditorio formará parte da obra porque os actores usarán como escenario toda a sala.

Sucedáneo é a composición do xornalista de Nigrán, Pedro Rodríguez Villar, coa que se sumerxe nunha familia aparentemente normal durante a desaparición dunha das súa fillas. “Me interesa reflexar a desesperación de non saber nada, quero que todos queiramos saber onde está Carmen”, explica.

A obra estrenáse en Gondomar, pero nos próximos meses recorrerá escenarios por toda Galicia. Coruña e Ferrol son as próximas paradas dun grupo inmerso en distintos eventos de teatro que se organizan por toda a comunidade.

Con Sucedáneo, o Instituto de Estudos Miñoranos pecha a IV Mostra de Teatro do Val Miñor e Oia, despois de catro fins de semana repletos que fixeron de Gondomar a capital do teatro da zona. Os resultados son positivos e dende a agrupación xa agardan anunciar novas actividades para seguir expandindo o teatro entre a veciñanza