BANDALLO // Susana González, Patrona Mayor de la Cofradía de Baiona

A ex Patroa maior da Confraría de Baiona, Susana González, enviou un escrito aclaratorio á prensa no que se informa sobre o acontecido hoxe e cal foi a verdadeira razón, de por qué os socios non puderon cobrar os seus cheques.

Nota da ex Patroa Maior da Confraría de Baiona Susana González:

Debido a noticia que onte se publicou en prensa, novamente vertendo mentiras sobre a miña persona, o meu equipo e eu mesma, decidimos preparar este escrito aclaratorio e aproveitamos tamén, para que o fose de agradecento, e se lle esta entregando os socios da entidade para que coñeza a verdade do acontecido hoxe, e cal foi a verdadeira razón, de por qué os socios non puderon cobrar os seus cheques.

Estamos indignados con estés autodenominados críticos, que levan instalados na mentira e na calumnia dende fai mais de un ano, e que ademáis debido a súa tremenda irresponsabilidad a hora de presentar a dimisión esas 7 personas, pensando que o único que lles importaba era sacarme do cargo de Patrona, e demostrando una vez máis, o pouco que lles importa a entidade e as personas que está acolle, tales como resto de marineros, empregados, compradores e clientes, etc.

Está ExPatrona, queré deixarlle unha menxase moi clara a estos señores, e é que nin por un segundo pensen, nin eles, nin quen tan mal os asesora, que porque non esté no cargo esta señora, van poder saltarse a Lei, e facer o que lles pete, avasallando os dereitos dos demais.

A lei está pa cumplir e proteger a xente honrada e decente que ten o privilexio de vivir do mar.

Non todo o mundo ten este privilexio, polo tanto, os que o teñen, deben valoralo como se merece e cumplir. Non seguir pensando que o mar é só deles, e poden facer o que lles veña en gana.

A proveíto tamén, para agradecer a todos os vecinos e amigos que tanto nos apoian e chaman para animarnos e pedirnos que non dixemos de loitar.

Escrito:

A ex Patroa Maior, Dna. Susana González Álvarez, e o seu equipo de Goberno, formado pola ex Secretaria dos órganos de goberno Dna. Isabel González, D. Ramón Costas, Don Juan Carlos Durán, D. Miguel Verea, D. Gonzalo Vilar, D. Javier Fernández (xubilado), e Dna. Lidia Durán, queremos poñer en coñecemento dos asociados da nosa Confraría, os seguintes feitos:

1º Como consecuencia da dimisión da maioría dos membros da Xunta Xeral, uns por vontade propia, e outros pola presión á que foron sometidos por membros desta entidade, queda disolta a Xunta Xeral, e correspóndelle á Consellería do Mar, nomear unha Comisión Xestora, que terá como función, a convocatoria de eleccións anticipadas.

Comentando ao respecto, que dende a entidade, cumpriuse rigorosamente cos prazos legalmente establecidos, tanto nos estatutos da entidade como no Decreto de Confrarías, para notificarlle os feitos acontecidos á Consellería. Sendo totalmente falsas as noticias que en prensa se publican, sobre o feito de que a Patroa non notificou tal circunstancia á Consellería, ou o fixo fóra de prazo.

2º Unha vez disolta a Xunta Xeral, tanto Susana como Isabel xa non ostentan os cargos de Patroa e Secretaria, e polo tanto, xa non lles corresponde facer uso das súas firmas para calquera trámite da Confraría, incluíndo a firma dos cheques para o cobro dos asociados.

Aclarar neste punto, que non terían problema de seguir firmando os cheques para que puidesen cobrar os socios, mentres non asumira a Comisión Xestora o cargo, de non ter sido porque o día 07/11/2017 entrou por rexistro na Confraría, un escrito que firmaban D. Roberto Cabral, D. José Enrique Rodríguez, D. Anastasio Denis, D. Manuel Rodríguez, D. Tomán Durán e D. Joaquín López, onde advertían a Susana con tomar accións legais contra ela, entre outras cousas, por si asinaba calquera documento, debido a que xa non era a Patroa Maior.

3º Dende a entidade estase a axilizar todo o posible xunto coa Consellería, a constitución da Comisión Xestora, para poder seguir á maior brevidade, co normal funcionamento da Confraría.

O meu equipo e eu, queremos agradecervos a todos/as asociados da entidade que confiastes en nós, e nos axudastes co voso apoio e colaboración , a recuperar o bo nome e o sitio que a Confraría de Baiona debe ocupar, como referente de boa xestión e seriedade, en toda Galicia.

Cando Moncho asumiu o cargo de Patrón Maior no 2012, é ben coñecido por todos, a difícil situación económica que atravesaba a Confraría. Estando a entidade a piques de arruinarse, con tremendas débedas, salarios impagados, etc.

Durante os dous anos do seu mandato, fíxose un enorme esforzo por parte de todos, encamiñado á recuperación económica da entidade, pagando as débedas adquiridas, así como recuperando a confianza das entidades bancarias e demais organismos. Tamén se recuperaron servizos para os asociados, tales como a posta en funcionamento da máquina de xeo na lonxa de Baiona, reparación do motor da lancha de vixilancia, reparación de vehículos, etc.

Cando no 2014, asumín o cargo de Patroa Maior, continuamos na mesma liña de traballo con tremendo esforzo de todos, saldando débedas pendentes, e traballando na liña de melloras nos servizos para asociados e traballadores, así como adquisición de bens para a Confraría.

Quero facer un agradecemento persoal na persoa de Moncho, pola súa xenerosidade á hora de ceder a favor meu dentro do equipo, o seu cargo de Patrón Maior, e manterse traballando ao meu lado, co resto do equipo estes 3 anos e 4 meses.

Neste tempo temos traballado para axudar á recuperación económica da entidade, ao tempo que promocionamos e divulgamos os nosos produtos e o traballo da nosa xente do mar, en diferentes festas gastronómicas.

“Festa da Arribada, Festa Vive a Lonxa, Festa Gastronómica de Sabarís, Festa Nigrán Mar de Sabores”, cun beneficio de 48.635,00 €.

Ademáis fixémonos cargo da organización das Festas na Honra da Virxe do Carme, recuperándoas despois de varios anos sen comisión, facendo a festa durante os anos 2015, 2016 e 2017, sen ánimo de lucro.

A través de diferentes subvencións, axudas e convenios, aumentouse o patrimonio da Confraría en diversos e múltiples equipos e material, tales como:
– Equipos informáticos nas oficinas da lonxa e da Confraría.
– Material e vehículos de vixilancia (motos, bicicletas, prismáticos, básculas…).
– Material e reparacións de lonxa (kit de subasta, melloras nas cámaras…).
– Material e reparación da lancha de vixilancia.
– Material asistencia técnica (cámara fotográfica, calibre…).
– Material festas (mesas, cadeiras, toldos…).

Quixera informarvos a todos/as da situación económica da entidade a 30/09/2017, onde podedes ver na conta de perdas e ganancias un beneficio de 29.064,95 €, é dicir, igual que o pasado ano, volvemos ter beneficios nas contas da entidade, aínda faltando a facturación de outubro, novembro e decembro, que contempla a campaña do ourizo e campaña de Nadal.

E tamén debedes saber, que a día 14 de novembro de 2017, a facturación na lonxa é de 236.517,62 €, por riba da facturación na mesma data do pasado ano.

Informarvos finalmente dos proxectos en marcha:
1º Reforma-Ampliación da Lonxa de Baiona, con unificación de servizos Lonxa-Confraría, e tremendas melloras nas instalacións, así como maiores servizos os socios.
2º Proxecto na Lonxa de Panxón, con instalación de cámara de conxelado de 15 m3, cámara de frío de 15 m3, e pequena fábrica de xeo.
3º Negociación coa SS, para conseguir unhas axudas económicas para as mariscadoras da Praia, ante a difícil situación que atravesan.
4º Negociación con Portos de Galicia, para optimizar o pago do recibo da luz na Lonxa, así como anular os recibos de luz nos departamentos dos mariñeiros.

Moitas grazas a todos/as que nos axudastes a conseguir todo isto

Susana González Álvarez
Baiona, a 15 de novembro de 2017.