Os Socialistas de O Rosal veñen de informar mediante a presente da suspensión do acto de presentación da candidatura previsto para este sábado no Centro Social Polivalente do Rosal ante o falecemento do noso compañeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, que ven de deixarnos no día de hoxe.
Estamos sen palabras e moi conmocionados por tal noticia, déixanos un home bo, sinxelo e brillante en todos os sentidos.
Déixanos un home de Estado, que traballou pola paz e o benestar de todos e todas.
Grazas Alfredo e ata sempre!
Informaremos proximamente da nova data para o acto de presentación da Candidatura.