Talía Teatro

Talía Teatro abre este venres, 1 de febreiro, ás 21.30h a programación do Teatro Municipal de Tui deste 2019 coa representación de «O servidor de dous amos».

Dirixida por Diego Rey achéganos novas formas de teatralidade na revisión dun clásico de Carlos Goldoni. Esta proposta respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, ao tempo que persegue o «espectáculo total» nunha obra quen de abraiar ao público. O resultado é un retrato irreverente e desacarado da sociedade, tan morzar coma divertido».

A obra está protagonizada por Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Río, Artur Trillo e Dani Trillo.

Os protagonistas da historia Eduardo Rocancourt e o seu socio, Ferdinand Demara, son acusados de tráfico de influencias e evasión fiscal, e desaparecen. A súa muller, Anna Rocancourt, afirma descoñecer tanto o paradoiro do seu marido como o alcance da súa actividade económica. A noticia coñeceuse xusto despois de que a empresa Rocancourt recibira o proxecto de construción do novo hospital comarcal, licitado en 300 millóns de euros. O alcalde, Arthur Furguson, decidiu entregar o contrato de construción á empresa local Ponzi. A historia de Rocancourt ten en vilo a todo o país. O nome que simbolizaba o prestixio patrio pasou a converterse na vergoña nacional. Prolóngase así un xogo de mentiras e medias verdades, de encubrimentos e “amiguismos” ao servizo de intereses políticos e empresariais.

As entradas están á venda en Cultura Tui ata o venres 1 de febreiro ás 12h, e o propio venres 1 de febreiro dende as 20h no despacho de billetes. Os prezos son 6€ e 5€.