Dentro da aposta pola mellora dos servizos sociais municipais que leva adiante o Concello de Tomiño, e coma unha nova acción do programa Medrando en Familia do Servizo de Educación e Apoio Familiar, o vindeiro mércores levarase a cabo un taller de Primeiros auxilios na primeira infancia, a cargo do Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tomiño.

A sesión celebrarase o mércores ás 16.00h, no CRA Mestre Manuel Garcés. As persoas interesadas terán que anotarse a través da web co Concello ou chamando ao número de teléfono 986622001 en horario de 8:00 a 15:00 horas. Haberá servizo de gardería.