Cerca de 300 participantes, de 47 equipos de 16 comunidades autónomas, participaron no Campionato de España de atletismo ao aire que se celebrou na cidade de Granada, dende o 16 ao 19 de maio.

En dito campionato participaron 7 deportistas do club deportivo San Xerome: Borja, Fabio, Luís, María Fernanda, Vanesa, Nuria e Maite Santos.

As actuacións máis destacadas dos atletas do club deportivo do San Xerome foron a prata, en lanzamento de peso de Vanesa Martínez, e os bronces de María Fernanda García en xavalina e Fabio Martínez en disco.

Resultados:

  • Vanesa: medalla de prata en lanzamento de peso, 4º posto en xavalina e 8ª en disco.
  • María Fernanda: medalla de bronce en xavalina, 4º posto en disco e 5ª en peso.
  • Fabio: bronce en lanzamento de disco, 5º en peso e 7º en xavalina.
  • Nuria: 4ª en 400 ml e 800 ml na categoría adaptada femenina. 7ª en lanzamento de peso
  • Maite Santos: 8ª en 400 ml e 9ª en 800 ml.
  • Luís Antonio: 17º en 800 ml e 23º en 400 ml.
  • Borja: 19º nos 5.000ml e 1.500 ml.