Hoxe 24 de febreiro de 2017, Día de Rosalía de Castro, celébrase o 180 aniversario do seu nacemento, polo que o Concello de O Rosal celebrará esta data sinalada repartindo marcapáxinas entre o comercio local.
Pola tarde, ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal do Rosal, haberá lecturas da escritora galega con todas aquelas persoas que queiran acompañarnos neste acto.