”The Pretty Shirts” presentó su último disco con un concierto en A Guarda
The Pretty Shirts

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa «O Teu Xacobeo», impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda e Tui.

Ao abeiro do programa ‘Música e Viño no Teu Camiño’, este mes de outubro A Guarda, e Tui acollerán un concerto musical ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos.

Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos celebraranse nas seguintes datas.

  • 12 de outubro de 2019. Concerto de The Pretty Shirts Rock&Roll Band na Praza do Reló de A Guarda.
  • 19 de outubro de 2019. Concerto de Best Boy na Praza de San Fernando de Tui.

Todos os eventos comezarán a partir das 20:30 horas e contarán coa presencia e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo e Terras Gauda.