Tino Baz

O cantautor guardés Tino Baz, chega a Tomiño co seu último disco “Se cantan es ti que cantas”, en homenaxe a emblemática escritora galega Rosalía de Castro.

Froito de anos de traballo, o disco pon música e voz a oito poemas de “Follas Novas” e tres de “Cantares Gallegos”, algún inéditos musicalmente.

O acto terá lugar este domingo, ás 18:00 horas, no mercado municipal de Tomiño. A entrada é de balde.