O Concello de Tomiño celebrou esta fin de semana a V edición da Gala do Deporte; un acto no que se recoñeceu una ano máis, o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo do último ano.
Os galardóns e recoñecementos atenderon a varias categorías, que foron dende o mellor evento deportivo, á mellor deportista masculino e feminino absolutos. A gala, presentada por Terio Carrera, contou coa actuación de Pepo Suevos, (actor de programas e series da TVG), e dun grupo de danza contemporánea. Durante a celebración do evento distinguiuse tamén o mellor adestrador, promesas masculino e feminina, mellor equipo de fútbol, premio afán de superación, mellor equipo base, e mellor evento deportivo.
Como novidade desta quinta edición, celebrouse unha xornada multideporte para a infancia, onde nenos e nenas puideron practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.
Pecharon a gala os premios aos deportistas con maior proxección deportiva e o premio aos mellores deportistas masculino e feminino absolutos.
Listaxe de premios:
Mencions Especiais
- Xuvenís e infantil AD Tomiño
- Tomiño Feminino de F7
- Equipo Spartan Team
- Benxamís Club de Atletismo Trega de Tomiño
- Equipo Pumuky Racing
- Óscar Álvarez (Rally)
Premio Entidade Que Colabora Co Deporte
- ACANOR
Premio A Igualdade No
- Jonathan Martínez (organizador dun evento de defensa persoal feminina)
Premio Afán De Superación
- San Xerome Emiliani
Premio Mellor Equipo
- Goián FC
Mellor Entrenador
- Pablo Pousa e Emilio Rodríguez do Club Deportivo Miño-Os Teixugos
Mellor Equipo Base
- Club Atletismo Trega de Tomiño
Promesa Masculino Maior Proxección
- Adrián Millán (Tiro con arco).
Promesa Feminino Maior Proxección
- Candela Fernández (Piragüismo).
Mellor Deportista Masculino Absoluto
- Rubén Millán (Piragüismo)
- Roi Rodríguez (Piragüismo)
- Brais Pereira (Judo)
Mellor Deportista Feminino Absoluto
- Iria Rodríguez (Triatlón)
- Elena Cañibano (Judo)
- Zaida González (Ciclocross)
