Auditorio de Goián, en Tomiño.
ALFREDO // Imagen de archivo del auditorio de Goián.

O Concello de Tomiño mantén unha firme aposta pola educación pública e continúa traballando para mellorar as capacidades e habilidades do alumnado, sempre dun xeito integral e involucrando a todos os axentes implicados. E ese é un dos obxectivos centrais da III Semana da Educación, que este ano terá lugar do 19 ao 22 de febreiro baixo o lema ‘Da casa á escola: ferramentas para unha educación eficiente’.

Durante catro días, o auditorio de Goián (19.00 horas) acollerá as conferencias de catro destacados profesionais do mundo da educación, a comunicación, a psicopedagoxía e a investigación que afondarán en cuestións como a motivación dos nenos, no bullying, na educación, na adolescencia ou no establecemento de normas e límites.

A III Semana da Educación é unha actividade aberta na que se convida a participar a todos os axentes implicados, dende a comunidade educativa, profesores ou alumnado ata a familias ou profesionais do sector. A importancia destas xornadas está avalada por dúas edicións anteriores que foron todo un éxito, algo corroborado pola gran asistencia de público, que se achega desde doutros lugares da comarca e mesmo de fóra do Baixo Miño pola importancia dos poñentes que reúne cada ano.

Programa

Luns 19 de febreiro:

  • Ás 19:00 horas, Javier Cebreiros coa tertulia, Comunicación con amoción; a motivación está sobrevalorada.

Martes 20 febreiro:

  • Ás 19:00 horas, Alba Alonso Feijóo. O bullynig de xénero, ou cando o mundo rosa/azul tórnase negro.

Mércores 21 de febreiro:

  • Ás 19:00 horas, Carles Vila Mumbrú. Como escoitamos e miramos ás persoas adolescentes?.

Xoves 22 de febreiro:

  • María Hidalgo Rudilla. Claves educativas para empoderar ás familias: Como consencuar normas e límites esencias.