Grazas ao bo tempo, Tomiño foi quen de celebrar o Día das Letras Galegas cunha instalación artístico-pedagóxica (entrelazos da memoria) dedicada a Xela Arias, na céntrica Praza do Seixo, a carón do Concello, e un gran concerto da Agrupación Musical de Goián, ás 12 do mediodía.

Ademais, entre as 9.30 e as 13.30 horas houbo CDs e libros en galego, cun 40% de desconto.

Tamén, grazas ao grupo de voluntariado municipal, diversas actividades e xogos online divertidos, pero tamén formativos, organizados pola OMIX.