RUBENS // Socorristas en la playa de O Muiño, A Guarda.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a Consellería de Economía e Industria aportará 27.000 euros co obxectivo de os concellos de Tomiño e A Guarda poidan contratar durante os meses de xullo e agosto a un total de 9 socorristas.

Na provincia de Pontevedra serán 133 os socorristas contratados, cunha axuda de 400.805 euros e 35 concellos beneficiados, así como a Mancomunidade do Val Miñor.

Tal e como explicou o delegado territorial, a Xunta convoca cada ano unha orde de axudas para apoiar aos concellos na contratación de socorristas. “Pero é preciso lembrar que a contratación de socorristas para praias e piscinas non é competencia autonómica. Son os propios concellos os que realizan directamente estes contratos”.