O Concello da Guarda presentou este xoves no Mercado de Abastos de Allariz a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, nun acto de presentación que contou coas intervencións do tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista, Anxo Baz, da Concelleira de Turismo da Guarda, a nacionalista, Bea Lomba, e da Alcaldesa do Concello anfitrión, Mª Cristina Cid Fernández.

En palabras da nacionalista Bea Lomba a Festa da Langosta ten un atractivo singular que fai que ano a ano incremente o seu número de visitantes, contando cunha ampla programación de actividades e unha oferta gastronómica que fai as delicias dos asistentes.

O tenente-alcalde destacou na súa intervención que a Festa da Langosta é xa un referente a nivel galego e nacional, cun prato estrela, a Langosta, que ten unha longa tradición na Guarda, que ven dende o tempo das cetáreas.

En Allariz deuse a coñecer a programación completa desta XXIX edición da festa gastronómica por excelencia da vila mariñeira da Guarda, que arranca o venres 5 de xullo co Pregón do humorista Moncho Borrajo na Praza do Reló, para despois acudir ao Porto da Guarda, onde procederase á apertura da carpa, celebrarase unha actuación do citado humorista e remate cun serán mariñeiro.

Declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é un escaparate para por en valor o bo facer dos restauradores da Guarda e un dos produtos máis representativos desta vila do sur de Pontevedra como é a Langosta, símbolo da Guarda dende os tempos das cetáreas, onde os pescadores comerciaban con este prezado manxar do noso mar, que levou á Guarda a coñecerse como a «Capital da Langosta».

Programa: