Nido de Avispa Velutina
RUBENS // Un nido de Avispa Velutina en Refoxos, Oia.

O concelleiro de Obras, Acción Rural e Organización Interna do Concello de Tomiño, Alexandre Pérez Souto, informa que o Concello ten asumido a eliminación dos centos de niños de vespa velutina con persoal propio, dende que esta plaga chegou a Galicia, a pesar de ser unha competencia da Xunta.

Pero a partir de agora, a xestión da vespa velutina asúmea a Consellería de Medio Rural, co que as persoas afectadas deben solicitar axuda a través da seguinte web: Xunta Galicia Gandaría Apicultura Vespa Velutina.

No caso de ser un caso especialmente urxente (escolas, parada de bus, centro médico, etc.) débese chamar directamente ao 112.