La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.
RUBENS // La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.

A Corporación Municipal de Tomiño celebrará esta tarde unha sesión plenaria de carácter extraordinario urxente, para tratar un único punto do día.

Trátase da proposta da Alcaldía para a aprobación dun expediente de modificación de crédito consistente nun crédito extraordinario por importe de 558.894,23 euros, financiado con remanente líquido de Tesourería para Gastos Xerais.

Este crédito extraordinario será destinado a complementar as subvencións do IDAE, para a mellora da calidade e sostenibilidade do edificio de Benestar Social e Policía, e da Deputación Provincial, para a mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna da Praza do Seixo.

Outra das obras que se acometerán tras a aprobación do crédito extraordinario, é a ampliación e mellora da estrada de Cristelos (continuación ata o núcleo).

Asemade, procederase a abonar as liquidacións pendentes ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para o cofinanciamento das escolas infantís de Tomiño e Goián, e do Centro de Dia de Tomiño.