O Concello de Tomiño organiza as “Xornadas Feministas para o Fomento da Participación das Mulleres Novas”, dende o luns 23 até o venres 27 de setembro, en horario de tarde.
As charlas e demais actividades terán lugar no salón de plenos do Concello, entre as 16.00 e as 21.00 horas, e contarán coa presenza de figuras de recoñecido prestixio no campo do feminismo, o pensamento crítico, o asociacionismo con perspectiva de xénero, a acción colectiva, a autoestima e a identidade persoal e social.
Entre as poñentes convidadas estarán Nanina Santos Castroviejo (escritora, integrante do consello de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e figura histórica do movemento feminista galego), Ania González (avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión e crítica de arte en Babelia-El País), ou Diana López Varela (xornalista e escritora, autora de “No es país para coños”; directora da curta “Feminazi” e colaboradora en diversos medios de comunicación) que presentará o seu libro “Maternofobia. Relato de una generación enfrentada a la maternidad”.
A través de cinco xornadas, as persoas que participen analizarán o feminismo como teoría e movemento emancipador e a súa contribución aos cambios sociais; experiencias na participación activa das mulleres e a reivindicación de dereitos; procesos de empoderamento, xestión e práctica na constitución de asociación, emprego…. Charlas, debates e obradoiros prácticos dirixidos a mulleres novas que desexen coñecer a nosa historia e contribuír activamente a facer posible que o conto siga mudando até que a igualdade sexa, por fin, unha realidade”, explica Cristina Martínez, concelleira delegada de Igualdade, Benestar e Educación.
Para poder asistir é preciso inscribirse previamente na web municipal xa que as prazas son limitadas. Para as persoas que o soliciten, haberá servizo de gardería.
PROGRAMA
Luns 23 de setembro:
O ASOCIACIONISMO DE MULLERES E FEMINISTA: DA EXPERIENCIA INDIVIDUAL Á ACCIÓN COLECTIVA»
- De 16.00 a 16.15: Recepción
- De 16.15 a 16.30: Inauguración das Xornadas.
- De 16.30 a 17.30: Conferencia de Nanina Santos Castroviejo: escritora, , musicóloga, integrante do consello de redacción da Revista de pensamento feminista Andaina e histórica do movemento feminista galego.
- 30 – 18.30: Conferencia da Representante de Federación de Mujeres Jóvenes.
- 30 – 19.00: PAUSA PARA CAFÉ.
- 00- 20.00: Andrea Barreira: escritora, integrante do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colaboradora habitual da Libraría de Mulleres Lila de Lilith.
- 00 – 21.00: Debate.
Martes 24 de setembro:
- De 16.00 a 17.20: “IDENTIDADE FEMININA E EQUIDADE ENTRE HOMES E MULLERES”, Obradoiro impartido por Paula Suárez Gullón (directora de Positivando gabinete psicopedagóxico, delegada en Galicia ECAI Balbalika, Socia Colaboradora TDAH Salnés, secretaria de Empresarias Galicia, directora e presentadora do programa «De Viva Voz», en Single Radio).
- De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
- De 17.40 a 18.30: CONFERENCIA “AUTOESTIMA E IDENTIDADE PERSOAL. DA REVOLUCIÓN FEMININA Á CONSTRUCIÓN SOCIAL”, impartida por Paula Suárez Gullón.
- De 19.00 a 20.00: CONFERENCIA; “A DIFERENCIACIÓN COMO EIXO DE ACCIÓN NA PROCURA DE EMPREGO”, impartida por Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía e xerente de Talentea.
Mércores 25 de setembro:
- De 16.00 a 17.30: OBRADOIRO “ ESTIMULACIÓN DA CREATIVIDADE ENFOCADA AO PROCESO DE PROCURA DE EMPREGO”, impartido por Fátima de Talentea.
- De 17.30 a 18.00: PAUSA PARA CAFÉ.
- De 18.00 a 21.00: OBRADOIRO “Xogo – un camiño de aprendizaxe, expresión e empoderamento. / A través do teatro de obxectos”, realizado por Alba Grande e Andrea Borda.
Xoves 26 de setembro:
Diana López Varela
- De 16.00 a 17.20: Presentación do libro “MATERNOFOBIA. RELATO DE UNA GENERACIÓN ENFRENTADA A LA MATERNIDAD” de Diana López Varela (xornalista e escritora. Autora de “No es país para coños” e directora da curtametraxe Feminazi, entre outras cousas. Tamén colabora con diversos medios de comunicación).
- De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
- De 17.40 a 19.00: “AUTOESTIMA E EXPECTATIVAS INCUMPLIDAS: A NOVA ENFERMIDADE DAS MULLERES”, por Diana López Varela.
- De 19.00 a 20.00: “PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “FEMINAZI”, de Diana López Varela.
Venres 27 de setembro
KIT FEMINISTA PARA ASOCIACIÓNS. Obradorio práctico para a creación e xestión de asociacións con perspectiva de xénero.
16:00. a 18:30: Constitución, órganos de goberno e funcionamento das asociacións. O consenso e toma de decisións con perspectiva de xénero. Réxime fiscal e financiamento. Subvencións. A contratación pública
18:30h: PAUSA PARA CAFÉ
19:00 a 21.00h.: Outra normativa aplicable a asociacións : Protección de datos, dereitos de imaxe e propiedade intelectual. Organización de actividades. Coxestión de espazos públicos. Programas para o fomento do feminismo no movemento asociativo.
Ania González: avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, Museoloxía, Imaxinación Política e Feminismos. Colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión, e crítica de arte en Babelia-El País.
Rafael Anido: avogado e dinamizador cultural. Membro do equipo do espazo autoxestionado Nave 1839 (A Coruña) e músico colaborador en diferentes colectivos