A edición 2019 da Ruta das Artes e Oficios organizada polo Concello de Tomiño, arranca este xoves, 11 de xullo, cunha visita guiada polo Pazo Valdomiño, con saída ás 20.30 horas.

Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o patromonio de Tomiño. Enfocada esta vez, máis nos oficios que nas artes (coma en anos anteriores), a ruta permitirá coñecer mellor ás empresas e particulares que desempeñan un oficio tradicional; neste caso, a elaboración de licores. A visita rematará cunha cata de degustación, sendo imprescindible anotarse previamente a través da web municipal.

A ruta continuará o xoves 18 de xullo coa visita á Adega do Vimbio; Viveiros Nilo (8/8) e Félix, obrador de bombos (22/8).

Asemade,  Magín Picallo (escultor) e Pilar Alonso (pintora), son dous recoñecidos artistas que completarán a actividade con obradoiros de iniciación dos seus oficios, dentro do programa “Creando con”. No Caso de Picallo será un taller gratuito de iniciación ao modelado (29 de xullo ao 2 de agosto), e no de Pilar Alonso, pintora viguesa afincada en Tomiño, un curso de iniciación ao debuxo botánico sobre plantas que se dan na beira do Miño ao seu paso pola vila, cun custe de 35 euros.

Por outra banda, continúa aberta no Mercado Municipal (1º andar) a Exposición Rutas e Oficios 2019, na que se explica cada actividade en detalle. É necesario apuntarse tamén a través da web.